BENVIDA

Benvidos todos e todas. O curso anterior, un grupo de rapaces e rapazas entusiastas da lectura comezaron unha aventura no I.E.S. "Cidade de Antioquía", de Xinzo de Limia. Xuntos medramos no afán por disfrutar dunha experiencia ao redor dos libros. Ao pé da letra ofreceunos a posibilidade de facer amigos, de crear un rincón noso para falar do que nos importa e do que nos conmove. Hoxe extendemos os tentáculos para abarcar un pouquiño máis. Con este blog queremos mostrarvos o que facemos e máis invitarvos a participar nesta aventura. Para abrir boca, decidimos comezar o curso cun clásico: as narracións de Edgar Allan Poe. Se sodes alumnos do I.E.S. aínda estades a tempo de participar no Club; se o preferides, podedes participar virtualmente ofrecendo os vosos comentarios sobre a obra dende este blog. Ánimo e grazas a tod@s, en especial aos membros de "Ao pé da letra".

Bibliografía curso 2008-2009

O ano pasado, comezamos a nosa sagrada lectura con "Caperucita en Manhattan" de Carmen Martín Gaite, á que continuamos co clásico estadounidense "El guardián entre el centeno" de J.D. Salinger. A nosa lectura estival foi "El oro de los sueños" de José María Merino, do que non falaremos porque non obtivo unha "boa puntuación", aínda que tras iso escóndese a verdadeira razón, e é que a nosa profe non fixo os seus deberes.

¡Comeza o club de novo!

Comeza o instituto e ¡tamén o club de lectura! Novo ano e novas caras. Esperamos que siga tan ben como o anterior ano e que se una cada vez máis xente. As augas aínda non están claras, non está todo totalmente organizado, ¡pero aquí un servidor xa ten ganas de empezar!