Macondo




Este pobo cheo de maxia, saído do maxín de Gabriel García Márquez, estanos a esperar tan só a unhas páxinas. Un pobo no que acontecen todo tipo de feitos asombrosos, algúns tan surrealistas que deixan pegada. Fundado por unha familia moi especial e orixinal, Macondo non ía ser moi distinto. Oxalá nos guste tanto ata o punto de mergullarnos na cidade, de sentir como se vivísemos na cidade, de chegar a coñecer a cada unha das personalidades que nela viven coma se de veciños nosos se tratasen, de entrar a vivir en Macondo cada vez que comecemos a ler. Non hai dúbida, collede este billete chamado “Cen anos de soidade” para montar no tren cara Macondo.
.