EDGAR ALLAN POE

Para min, Edgar Allan Poe ten un arrecendo a noite de infancia, cando agocharme cun libro baixo o peso de cincuenta mantas para correr o frío e o medo era mergullarme no misterio, alagarme de sensacións que volvían vívida a comunión da lectura e as horas intensas de oscuridade. Entón, naquel tempo en que na casa dos meus avós non había tele nen calefacción, so unha lámpada tenue na mesiña para iluminar as sombras negras sobre as follas, para caldear con luz morna os arrepíos nunha noite que se volvía decimonónica e gótica. Foron Dickens e máis Bécquer, Frankenstein e a dama de Shalott, as irmáns Brönte e, por suposto, Poe e as súas Ligeia, Leonore, Annabel Lee, quenes enchían as miñas noites de doce pavor e estimulante paixón. Que os deuse da lectura queiran servos propicios e vos inunden as mesmas sensacións! Que sufrades con gusto do Terror e da Beleza destos contos! BOA LECTURA!!!A.F.

No hay comentarios: