Queridísim@s "aopedaletrenses", estades aí?
Acabo de rematar "Zara" e estou abraiada e conmovida. Que fermoso libro! Bea fala nun comentario da traxedia das guerras; eu engado esa sucesión de manifestacións do amor no seu estado máis elevado e puro: o amor de parella nos pais dos dous protagonistas (Zara e Max); o amor dos fillos polos pais; o amor entre irmáns, e ese amor tan esquecido, o amor dos que levan a cabo actos altruistas e xenerosos a quen non coñecen, tan só por un sentido ético e da responsabilidade persoal.
 Engado dúas cousiñas: unha cita que me encanta e que representa isto que acabo de contar e un enlace que me faltou o outro día.
     
Dicen que para caminar feliz y sereno por la vida es necesario escuchar al propio deseo, y luego tomar la decisión moral de llevarlo a cabo o renunciar a él, pero como primera medida es necesario escucharlo. Así que le pregunté al tipo del espejo: ¿deseas ayudar a Khakim y a Zara? Y el tipo del espejo me contestó: sí, deseo ayudarlos. Y mi moral no tuvo nada que oponer.
      
 
Disfrutade da lectura e das vacacións. Vémonos á volta!

No hay comentarios: