Aviso!

Esquecía lembrarvos que nos temos que reunir nos recreos da seguinte semana. Tendo en conta o axustado do meu horario, as citas serán:
  • segundo recreo do martes día 6 de abril;
  • segundo recreo do venres día 9 de abril.
O luns día 12 de abril non sei se estarei (xa volo confirmarei).


Lembrade traer ás reunións anotacións, preguntas, cuestións relevantes, dúbidas, fragmentos escollidos...
Temos que levar cousiñas escritas a Ourense!
A tertulia será o mércores día 14 de abril pola tarde.


Terceiro lembrade: lembrade avisar na casa; xa vos pasarei a autorización para traer firmada.


Aparte disto, disfrutade das vacacións!
Un "librazo" (Iago dixit)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Óscar:
Ola! Eu tamén acabo de ler o libro e gustoume moito, especialmente naqueles momentos nos que reflexionaba sobre a dureza das guerras e o absurdo do ser humano e da propia existencia, facendo fincapé no sentimento de soidade de Max. Ademais, dá bastante xogo para un "debate" literario no que se poderían abordar diversos temas, desde o amor, a guerra, a angustia existencial, a solidariedade...

Anónimo dijo...

Lucía:
Olaa! Eu aínda non rematei o libro, pero o que levo lido, sencillamente encántame! É unha sensación... coma si te atrapara. Creo que ista escolla do libro foi estupenda. :)